Echegaray García, Martiño
Pintor e ilustrador. Fillo de Martín Echegaray Olañeta, foi propietario da illa de Toralla e impulsor da Compañía de Tranvías e das viaxes rápidas entre EE UU e Vigo. Comezou a súa formación na Academia Minerva con Perfecto Mediero. Participou, entre outras, na Exposición de Arte Gallego de Santiago de Compostela en 1926, en Madrid na mostra organizada polo Heraldo en 1928 e na que repetiu en diversas ocasións, e na exposición realizada en Bos Aires en 1929. En setembro de 1930 expuxo no Casino de Vigo. Na súa obra advírtese a influencia da pintura postimpresionista e da escola de París. As cores quentes e a contraposición de grandes planos foron unha constante nunha pintura na que primou o efectismo. Entre as súas obras destacan Aldeanos, Retrato de Tomás Sobrino Mirambell, Silueta de Vigo e Crucero de Bayona.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo -
Deceso
Lugar : París