eclampsia

eclampsia

(

  1. s f [PAT]

    Termo xeral dado por Hipócrates para designar a enfermidade que se caracteriza por ataques convulsivos, aumento da presión arterial, edema e perda do coñecemento, e que aparece xeralmente en nenos e mulleres preñadas.

  2. eclampsia puerperal [PAT]

    Afección propia das xestantes que se caracteriza por ataques convulsivos, inicialmente tónicos, nos que se produce unha diminución da frecuencia respiratoria e contraccións dos músculos da caluga, dos brazos e do tronco, que pode producir a morte por asfixia, seguidos de convulsións clónicas, con convulsións violentas dos membros. Na última fase, as convulsións cesan e a muller entra nun estado de coma. Outros síntomas da enfermidade son transtornos visuais, urinarios, cardíacos, dixestivos e respiratorios. A eclampsia aparece ao final do embarazo, durante o parto ou no puerperio. Vai precedida dun cadro chamado preeclampsia, que se caracteriza por diversos graos de albuminuria, hipotensión arterial, edemas, oliguria e transtornos como vertixe, diplopía, vómitos e cefalea, que aumentan progresivamente ata que se desencadea a crise. A eclampsia é máis frecuente nos embarazos de xemelgos e nas mulleres obesas, diabéticas ou de idade avanzada.