eclecticismo
(
-
s
m
Actitude ecléctica.
-
s
m
[FILOS]
Teoría que consiste en extraer diferentes principios de varias doutrinas de pensamento para fusionalas nun sistema único, e para recuperar de cada unha delas o máis positivo. É unha actitude de oposición ao dogmatismo e ao radicalismo, ao reivindicar a tolerancia e o diálogo entre posturas distintas. Valorouse de diferentes maneiras ao longo da historia da filosofía. Cicerón foi un dos pensadores eclécticos clásicos. Esta corrente colleu pulo durante a introdución do cristianismo na filosofía ao asimilar algúns autores cristiáns os sistemas filosóficos de Platón e Aristóteles. Deste xeito, son actitudes eclécticas as filosofías de santo Agostiño de Hipona e san Tomé de Aquino. No Renacemento, a escolástica do fin do medievo tentou asimilar as actitudes eclécticas dos sistemas filosóficos gregos.
-
s
m
[ARQUIT]
Tendencia arquitectónica desenvolvida no s XIX que mestura diversos elementos estilísticos. Foi favorecida polas prospeccións arqueolóxicas e a publicación das primeiras historias universais ilustradas de arquitectura. Relacionada co historicismo na súa inspiración nos estilos do pasado, aproveitou os avances tecnolóxicos da arquitectura do ferro e integrou no marco arquitectónico as demais artes, especialmente a escultura. Foi o estilo empregado na construción de edificios institucionais, como deputacións, concellos e ministerios, e tamén en estacións, mercados, teatros, casinos, bancos e entidades culturais. O edificio máis representativo foi a Ópera de París (1861-1874) de Charles Garnier. En España adaptárono, nalgunha das súas obras, L. Doménech, A. Gaudí, J. Puig i Cadaflach, E. Rodríguez Ayuso, E. Rogent e R. Velázquez Bosco, entre outros. En Galicia cómpre salientar a obra de F. Domínguez Coumes-Gay e A. Rodríguez Sesmero.