Eclectus
Eclectus
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves, da familia dos psitácidos, de ata 35 cm de lonxitude. Caracterízanse estas aves porque presentan machos de cor vermella cos ombreiros de cor azul e femias de cor verde. Viven en parellas ou pequenos grupos nos bosques das illas do L de Indonesia, Nova Guinea, illas Salomón e o extremo NL de Australia.