eclesiástico -ca

eclesiástico -ca

(< lat ecclesiastĭcu < gr ἐκκλησιαστικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á Igrexa.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao clero.

    Ex: Leva unha vida eclesiástica.

    Antónimos: civil.
  3. s [RELIX]

    Membro do estamento integrado por clérigos, relixiosos (ordenados ou non), novicios, postulantes e seminaristas. Cara á fin do Antigo Réxime, os eclesiásticos posuían inmunidade persoal e estaban exentos de pagar impostos, privilexios que se estendían a un gran número de laicos, parentes, criados ou familiares e, sobre todo, aos numerosos funcionarios da Inquisición.

    Sinónimos: clérigo, crego, cura, párroco, sacerdote.

Palabras veciñas

eclesial | Eclesiastés | Eclesiástico | eclesiástico -ca | eclesio- | eclesioloxía | eclesiónimo