Eco Ortegano, El

Eco Ortegano, El

Publicación de tendencia liberal editada en Ortigueira a partir do 5 de xaneiro de 1902. Subtitulada como “Semanario independiente”, cesou a súa edición a finais de 1913. Dirixiuna Ramón Álvarez Fustes ata o nº 46. Incluíu crónicas sobre política local nas que se desenvolvían novas sobre os concellos da comarca, artigos sobre os emigrantes galegos en América e capítulos de libros por entregas. Coa aparición de La Opinión de Ortigueira, outro periódico de tendencia liberal, modificou a súa postura política cara a posicións máis conservadoras. Na súa segunda época, no ano 1913, dirixiuna Dámaso Calvo Montero e contou coa colaboración de Manuel Cabarcos. Desapareceu nese mesmo ano.