ecolalia

ecolalia

(< 2 eco- + gr λαλιά ‘fala’)

s f [PSIC]

Perturbación da linguaxe que consiste en repetir de xeito involuntario unha palabra ou frase que acaba de pronunciar o propio suxeito ou un interlocutor. Considérase normal cando se produce durante o desenvolvemento da linguaxe en nenos de dous anos a dous anos e medio.