ecolocalización

ecolocalización

(< 2 eco- + localización)

s f [BIOL]

Sistema de orientación de certos animais que consiste na emisión de ondas ultrasonoras que, ao seren reflectidas pola superficie de obxectos presentes no medio, son captadas polo mesmo animal emisor, que é capaz de interpretalas e de orientarse; deste xeito, pode evitar obstáculos, capturar presas e realizar outras actividades na escuridade. Este sistema emprégano os morcegos e os golfiños, entre outros.

Palabras veciñas

ecoico -ca | ecolalia | École Royale de Chant | ecolocalización | ecólogo -ga | ecoloxía | ecolóxico -ca