Economic Journal, The

Economic Journal, The
[PUBLIC]

Revista británica de economía política fundada en 1890 pola Royal Economic Society. Foi dirixida por economistas destacados como F. Y. Edgeworth, J. M. Keynes, R. F. Harrol e P. Socfta, entre outros, e tirou do prelo oito edicións anuais. Entre os seus colaboradores figuran algúns dos economistas con maior prestixio en Europa como David de Meza, Steve Machin, Gerard van den Berg e David G. Mayes. Recolle as novas achegas á ciencia económica e está orientada a economistas profesionais e a investigadores económicos. Inclúe, ademais, crítica e recensións de libros e estudios, artigos de análise da política económica contemporánea e información sobre simposios de carácter financeiro que se celebran no mundo.

Palabras veciñas

econométrico -ca | economía | Economía Gallega | Economic Journal, The | economicismo | economicista | económico -ca