ecotaxa
(< 1 eco- + taxa)
Imposto destinado á obtención de fondos para a conservación do patrimonio ambiental que grava as actividades que teñen repercusión sobre o medio ambiente. En España, a primeira ecotaxa creouna o goberno das Illes Balears, e foi aprobada polo Tribunal Constitucional en xaneiro de 2002, en relación ao ecoturismo, e que afecta ás estancias en empresas turísticas de aloxamento. A recadación obtida deste tributo destínase ao Fondo de Rehabilitación de Espacios Turísticos, que serve para remodelar e rehabilitar áreas turísticas e recuperar recursos e espacios naturais e rurais, co obxectivo de mudar o modelo turístico tradicional por outro baseado nun desenvolvemento sostible que mellore a calidade de vida de turistas e residentes, e que sexa respectuoso co medio ambiente, a natureza, o patrimonio e a cultura do lugar.