ecotono
ecotono
(< 1 eco- + -tono)
s
m
[ECOL]
Área de transición ou límite entre dous ecosistemas ou biomas, que é estudada pola sinecoloxía. Nela están presentes elementos do medio biolóxico e do medio físico das áreas circundantes, ademais de elementos propios polo que presentan unha elevada biodiversidade. No caso de contacto entre medios acuáticos e terrestres, o ecotono pódese considerar como unha interfase.