Ecuador
Ecuador
Publicación editada en México a partir de 1965 e subtitulada “Revista de poesía universal”. Dirixida por Alexandre Finisterre, contou coa colaboración de Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade, Xosé Neira Vilas, Ramón Rey Baltar, Vicente Risco, Victoriano Taibo, Castelao, Isaac Díaz Pardo e Álvaro Cunqueiro, entre outros. Incluíu unha antoloxía de escritores galegos contemporáneos e tentou presentar a realidade poética do momento. Inseriu numerosas fotografías de monumentos de Santiago de Compostela e de Galicia e reproducións de Arturo Baltar, Castelao, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Antonio Faílde e Alexandre Finisterre.