ecuante

ecuante

(< lat aequante, p pres de aequāre‘igualar’)

s m [ASTRON]

Punto imaxinario empregado nunha modificación do sistema ptolemaico que explica as anomalías que presentaban os movementos planetarios no modelo primitivo daquel sistema. A mellora consistía en considerar que un planeta percorre con velocidade uniforme unha circunferencia (epiciclo) da que o centro A percorre á súa vez unha circunferencia de centro C (deferente), pero o movemento angular de A non é uniforme respecto a C, senón respecto a un punto E, situado a unha distancia de C, igual á distancia que hai entre a posición T da Terra e C, aínda que na banda oposta. Este punto E é o ecuante.