ecualizar

ecualizar

(< ingl to equalize ‘igualar’)

  1. v t

    Modificar certas características dun sinal eléctrico mediante un ecualizador.

  2. v t

    Mellorar unha imaxe de xeito que en cada nivel de intensidade haxa un número aproximadamente igual de píxels. Esta opción, presente en certas aplicacións de deseño ou retoque fotográfico, permite manipular os valores das luces e das sombras dunha fotografía ou dun deseño. Utilízase para corrixir fotos borrosas, aumentar o contraste entre as distintas zonas dunha fotografía e mesmo crear efectos artísticos. Nalgunhas aplicacións a mesma opción aparece dividida en dous controis, o de brillo e o de contraste.

Palabras veciñas

Ecuador | ecualización | ecualizador | ecualizar | ecuánime | ecuanimidade | ecuante