Eddington, Arthur Stanley
Matemático, astrofísico e filósofo británico. Estudiou na Manchester University e no Trinity College de Cambridge. En 1906 nomeárono director asistente do Royal Observatory de Greenwich, e en 1913 converteuse en profesor de astronomía e filosofía experimental da Cambridge University, na que dirixiu dende 1914 o observatorio astronómico. De 1921 a 1923 presidiu a Royal Astronomical Society. Realizou estudios teóricos sobre o movemento, a estrutura interna e a evolución das estrelas, sobre o límite das masas estelares, a estrutura das estrelas ananas brancas e sobre a temperatura das rexións interiores do Sol. En 1924 enunciou a lei da masa-luminosidade, que relaciona a luminosidade dunha estrela coa súa temperatura e a presión de radiación. Recoñeceu a importancia da teoría da relatividade de Einstein, da que comprobou de xeito experimental algunhas das predicións. Tamén investigou sobre cosmoloxía e a expansión do Universo. No apartado da epistemoloxía propugnou a substitución da perspectiva ontolóxica e procurou salientar o carácter operacional da física. Entre as súas obras máis importantes destaca Space, Time and Gravitation (Espacio, tempo e gravitación, 1920), The Internal Constitution of Stars (A constitución interna das estrelas, 1926) e The Philosophy of Physical Science (A filosofía da ciencia física, 1939).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Kendal -
Deceso
Lugar : Cambridge