Edessa
Edessa
Antiga cidade siria que se corresponde coa cidade turca de Urfa. Fundada no s IV a C, foi colonizada polos gregos e adoptou o seu nome baixo o macedonio Seleuco I. A partir do ano 137 a C foi centro do principado independente de Osroene e, máis tarde, formou parte do Imperio Romano. Dende o s II d C converteuse nun dos centros de difusión do cristianismo e foi sede metropolitana no s IV, onde se desenvolveu unha escola de estudios teolóxicos e filosóficos. Ocupada polos árabes no 638, permaneceu no seu poder ata que foi conquistada polos cruzados en 1098. Foi capital do condado establecido polos cruzados, reconquistárona os árabes no 1144 e en 1637 pasou a poder dos turcos.