edetano -na

edetano -na

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dos edetanos e aos seus habitantes.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo ibérico prerromano que habitou na Hispania Tarraconense.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo ibero prerromano que se estendía polas provincias actuais de València, Castelló de la Plana, Teruel e o SL de Zaragoza. As principais poboacións foron Sagunto e Edeta, preto da actual cidade de Lliria (València). Logo da conquista romana, ao redor do 220 a C, un dos seus xefes, o Rei Edeco, aparece mencionado no relato de Polibio sobre a Segunda Guerra Púnica como gobernador dun extenso territorio comprendido entre os ríos Palància e Júcar. Os romanos estableceron a cidade de Valentia (138 a C) no territorio edetano.

Palabras veciñas

Edessa | Edessa, condado de | Edetania | edetano -na | Edfelt, Johannes | Edfû | Edgar I de Escocia