Edgerton, Harold E.

Edgerton, Harold E.

Fotógrafo estadounidense. Estudiou enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e, posteriormente, exerceu como profesor no mesmo centro. Destacou como investigador no tratamento da alta velocidade e do control remoto, e como inventor dun flash estroboscópico que permitía obter imaxes dun obxecto a gran velocidade cunha nitidez perfecta. Entre algunhas das súas innovacións, cómpre subliñar unha cámara provista dun flash electrónico para investigacións mariñas que empregaron Jean Cousteau, a Armada dos EE UU e numerosas expedicións científicas. Ademais, moitos dos seus inventos utilízanse para experimentos relacionados co radar, a televisión e a fotografía profesional.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Massachusetts

  • Deceso

    Lugar : Boston