Edito de latinidade
Edito de latinidade
Norma outorgada por Vespasiano ás cidades da Península Ibérica (73-74 d C), na que lles concedía o ius latii. A concesión supuxo que os hispanos recibisen a condición de latini coloniarii, o que permitiu a integración de numerosas cidades como municipios romanos e a conversión dos membros das familias dirixentes das cidades hispánicas en cidadáns plenos. O motivo da concesión foi o agradecemento pola fidelidade dos seus habitantes en momentos políticos difíciles e os beneficios económicos que supuñan a súa integración.