edito

edito

(

  1. s m

    Advertencia, orde ou decreto publicado pola autoridade coa finalidade de promulgar unha disposición, facer pública algunha resolución, dar noticia da celebración dun acto ou notificar calquera decisión.

  2. s m

    Escrito que se fai público e no que se comunica un aviso oficial.

    Ex: No concello estaba o edicto coas taxas do imposto de circulación.

  3. s m [DER]

    Fonte da ius honorarium consistente nas comunicacións que publicaban os maxistrados romanos ao comezar a exercer os seus cargos. Nelas daban a coñecer as directrices que seguirían na administración de xustiza e no goberno. Esta facultade lexislativa, que evolucionou no marco das constitucións imperiais, obedecía ao exercicio do imperium e do dereito dos cidadáns romanos de coñecer as normas que lles serían aplicadas. Os editos constaban de tres partes: o editum translatitium, que recollía as disposicións dos maxistrados precedentes; a pars nova, que contiña as novidades que establecía o novo maxistrado; e os edita repentina, que eran as disposicións que se engadían para atender os posibles imprevistos.

  4. edito de fe [HIST/RELIX]

    Documento da Inquisición que se lía cada ano nun domingo da Coresma, nas igrexas onde existise un tribunal do Santo Oficio. Recollía de xeito detallado aqueles feitos ou ditos que os inquisidores consideraban delitos.