edícula

edícula

(

  1. s f [ARQUIT]

    Edificio de pequenas dimensións. Xeralmente adoita ter unha finalidade relixiosa.

    Sinónimos: edículo.
  2. s f [ARQUIT]
    1. Fornela ou capela que servía, nas casas da antiga Roma, para acoller as imaxes dos lares.

      Sinónimos: edículo.
    2. Templo de pequenas dimensións que, nos templos romanos, se empregaba como tabernáculo ou relicario e acollía a estatua do deus.

      Sinónimos: edículo.
    3. Reprodución dun templo que se ofrecía aos deuses, na antiga Roma, como exvoto. As súas dimensións eran pequenas, realizábase en barro, bronce ou metais preciosos.

      Sinónimos: edículo.
  3. s f [ARQUIT]

    Nicho aberto nunha parede, enmarcado por columnas que sosteñen un entaboamento e un frontón, e que contén unha estatua.

    Sinónimos: edículo.
  4. s f [ARQUIT]

    Marco dunha porta, ventá ou doutro van formado por dúas columnas, piares ou pilastras que sosteñen un lintel, un pinche, un entablamento ou un frontón.

    Sinónimos: edículo.