Edinforme. Abstracts de Educación

Edinforme. Abstracts de Educación
[PUBLIC]

Revista bimestral aparecida en xaneiro de 1975 na Coruña. Dirixida por José L. Vázquez Dequit, tentaba consolidarse como un instrumento máis ao servizo da educación, ofrecendo información e colaboracións de diversos países. Incluíu numerosas reportaxes e artigos relacionados coa educación comparada, os recursos didácticos, a psicoloxía e a socioloxía da educación, a formación do profesorado, a educación especial, as técnicas de traballo nas aulas e a organización escolar.

Palabras veciñas

edimburgués -sa | Edinburgh International Festival | Edinburgh Review | Edinforme. Abstracts de Educación | edingtonita | Edipo | Edipo Rei