Diario de Avisos
Diario de Avisos
[PUBLIC]
Periódico aparecido probablemente en 1863 na Coruña e subtitulado “de La Coruña y de Galicia”. Incluíu despachos telegráficos, noticias sobre as Cortes constituíntes, novas breves internacionais, calendario, cultos e prezos das mercadorías nos peiraos do porto da Coruña. En 1885 contaba cun correspondente, Mr. A. Lorette, en París. No eido literario apareceu unha égloga en galego de Francisco Mª de la Iglesia, unha “Hoja Literaria Tuy-Valença”, da autoría de Benito Puig, a composición “Tu patria y la mía”, de Filomena Dato Muruais, e “El Fin de año”, de Federico Bahola.