dicarbonílico -ca
dicarbonílico -ca
(< 2 di- + carbonilo + -ico)
adx
[QUÍM]
Aplícase ao composto que contén dous grupos carbonilo na molécula. O seu comportamento depende da posición relativa dos carbonilos na cadea. Así, os compostos α- ou 1,2-dicarbonílicos forman derivados cíclicos, producen reaccións de ruptura do enlace OC-CO e a dismutación intramolecular dos carbonilos. Os compostos β- ou 1,3-dicarbonílicos presentan tautomería cetoenólica e experimentan un conxunto de reaccións específicas como consecuencia da activación do grupo metileno intermedio, por acción dos carbonilos veciños. Contrariamente, os compostos γ- ou 1,4-dicarbonílicos presentan practicamente só as reaccións propias dos grupos carbonilos illados.