dicarboxílico -ca

dicarboxílico -ca

(< 2 di- + carboxílico)

  1. adx [QUÍM]

    Aplícase ao composto que contén dous grupos carboxilo na molécula.

  2. ácido dicarboxílico [QUÍM]

    Ácido que posúe dúas funcións carboxílicas na molécula. Cando os dous grupos carboxílicos están suficientemente próximos, o efecto indutivo que se exerce fai que a forza dun ácido dicarboxílico sexa máis grande da que cabería esperar da suma das dúas funcións carboxilas.

Palabras veciñas

diblástico -ca | díbraco | dicarbonílico -ca | dicarboxílico -ca | dicariofase | dicarión | dicariótico -ca