Dimini

Dimini

Xacemento arqueolóxico neolítico de Tesalia. Iniciaron a súa escavación V. Stais e Chr. Tsountas (1901-1903). Constitúeno unha cidadela oval, rodeada de cinco murallas baixas, que cercan un megaron primitivo e lugares reservados ao gando. Sucedeu á cultura de Sesklo e parece que estivo relacionada coas culturas balcánicas de Starčevo e Körös.