2001
2001
Publicación mensual aparecida ao redor do ano 1977 na Coruña. Editada no colexio Santa María del Mar, que cesou a súa publicación pola prohibición da Delegación Provincial de Información e Turismo, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Voz de Galicia. En setembro dese mesmo ano apareceu co título HAY QUE VER...!! e incluíu entrevistas e diversos artigos críticos contra a burocracia do Estado que impediría a súa publicación.