Edmundo de Canterbury, santo

Edmundo de Canterbury, santo

Teólogo inglés. Educouse en Oxford e París e ensinou filosofía, matemáticas, xeometría, filosofía aristotélica e teoloxía na universidade británica. Nomeado tesoureiro da catedral de Salisbury (1222), conservou este cargo cando foi promovido a arcebispo de Canterbury (1234). Loitou polo recoñecemento dos dereitos e bens eclesiáticos en contra de Enrique III e enfrontouse á corrupción no seo da Igrexa, feito para o que aprobou as súas Constitucións (1236). En 1240 saíu de Canterbury para Roma por mor do conflito entre o papa e o Rei Enrique III; morreu preto de Soissy e os seus restos traladáronse á abadía de Pontigny. Foi canonizado en 1247 por Inocencio IV. É patrón dos nenos acabados de nacer e da congregación de santo Edmundo. Na iconografía viste ornamentos episcopais e leva como atributo un neno espido envolto nuns panos. A súa festividade celébrase o 16 de novembro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Abingdon

  • Deceso

    Lugar : Soissy