Eduardo IV de Inglaterra

Eduardo IV de Inglaterra

Rei de Inglaterra (1461-1483), fillo de Ricardo, duque de York. O Rei Enrique VI de Lancaster expulsouno do país trala derrota na Batalla de Ludlow (1459). Converteuse no xefe da casa de York pola morte do seu pai en Wakefield (1460) e, despois de vencer os Lancaster na Batalla de Mortimer’s Cross (1461), o Parlamento proclamouno rei. Coroado en xuño dese ano, na súa minoría de idade Richard Neville, conde de Warwick, actuou como rexente. Tentou adaptar a nobreza aos seus intereses, feito que orixinou un enfrontamento coas vellas familias e co rexente, o conde de Warwick. Este aliouse aos Lancaster, expulsouno do trono (1470) e obrigouno a exiliarse nos Países Baixos, mentres Enrique VI tomaba o poder. Regresou a Inglaterra (1471) apoiado por Carlos o Temerario, duque de Borgoña, e derrotou os Lancaster en Barnet e Tewkesbury. No 1475 enfrontouse con Luís XI de Francia e obtivo un tributo anual a cambio da paz. Favoreceu a actividade comercial e baixo o seu goberno introducíronse a imprenta e a manufactura da seda.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Rouen

  • Deceso

    Lugar : Westminster