Edwards, Robert Geoffrey
Fisiólogo británico. Estudiou nas universidades de Gales e Edimburgo, onde se doutorou en 1957. Pioneiro nas técnicas de fecundación externa, conseguiu transferir embrións de ratas dunha femia a outra, determinou o proceso de maduración dos óvulos humanos e en 1965 acadou a fecundación de óvulos humanos in vitro. Ao redor do 1968, en colaboración co xinecólogo Patrick Steptoe, realizou distintos intentos para implantar embrións humanos fecundados in vitro na matriz de mulleres infértiles. En 1977 o equipo formado por Edwards e Steptoe obtivo óvulos xa maduros que, logo de ser sometidos a fecundación externa, foron implantados de novo no útero dunha muller que deu a luz o 25 de xullo de 1978 o primeiro bebé probeta. É catedrático emérito da Cambridge University e editor xefe da revista Reprodutive BioMedicine Online.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Yorkshire