efebía

efebía

(< gr ἐϕηβία ‘adolescencia’, de ἕϕηβος ‘adolescente’)

s f [HIST]

Institución da antiga Grecia pola que os adolescentes se integraban nun servizo militar obrigatorio aos dezaoito anos, logo de ser inscritos como cidadáns durante un período de dez anos. Estableceuse ao redor do 338 a C, despois da Batalla de Queronea. O proceso comezaba cunha verificación das súas aptitudes físicas e, tras prestaren xuramento no templo de Aglauro, repartíanse en seccións baixo a dirección dun sofronista (censor) elixido pola tribo. Os efebos permanecían un ano nas gornicións no Pireo, onde se preparaban fisicamente e se adestraban no manexo das armas, baixo a dirección dos pedótribas. Ao remataren o adestramento recibían as súas armas e distribuíanse polas fortalezas nas fronteiras da Ática. A partir do ano 305 a C deixou de ser obrigatoria e reduciuse a un ano de duración (282 a C). A finais do s II a C perdeu as súas funcións militares, pero permaneceu como institución educativa ata o s III d C.

Palabras veciñas

2 efe | EFE | efebeion | efebía | efébico -ca | efebo | efectismo