efectivo -va
(< lat effectīvu)
-
adx
Que é real e verdadeiro.
Ex: O interese efectivo polo proxecto produciuse despois do descubrimento científico.
-
adx
Que é eficaz ou que causa o efecto que se espera.
Ex: Descubriron un medicamento efectivo contra a doenza. A lei será efectiva na data sinalada.
-
adx
Aplícase ao emprego ou ao empregado que é fixo.
Ex: Conseguiu un cargo efectivo na administración. Os funcionarios efectivos desenvolverán novas funcións con esta lei.
-
s
m
Diñeiro en moedas ou billetes.
Ex: O paso ó efectivo en euros realizouse con normalidade. OBS: Emprégase xeralmente na construción en efectivo. Ex: Pagou o coche en efectivo.
-
s
m
Número de individuos que forman un cadro de persoal ou un grupo, especialmente se é militar.
Ex: O efectivo da empresa era de 1.000 traballadores. OBS: Xeralmente emprégase en plural. Ex: A policía reuniu os seus efectivos no lugar do accidente. A ONU enviou os seus efectivos de paz á área do conflito.
-
s
m
[MAT]
Número de individuos que, nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo, presentan un valor concreto do seu carácter. Se o carácter cuantitativo é discreto e toma os valores x 1 ,...,x n , sobre unha mostra de N individuos, o efectivo do valor x i é o número de individuos da mostra que presentan o valor x i do carácter. Se o carácter cuantitativo é continuo, dada unha clase ou intervalo do conxunto de valores do carácter C i =[a i-1 , a i ], o efectivo da clase é o número de individuos que presentan un valor do carácter que pertence á clase.
-
verbo efectivo/operativo/produtivo
[LING]
erbo cun complemento obxecto que indica o resultado da significación verbal (Pintou un cadro).