Ehinger

Ehinger

Familia de comerciantes de Ulm que, asociados coa familia de banqueiros Welser e con Hieronymus Sayler, participaron na conquista e colonización de Venezuela e das Antillas desde 1517. Heinrich Ehinger (?-1537?) asinou unha capitulación con Carlos V (1528), que o autorizaba á exploración, conquista e poboamento das costas de Venezuela e todas as illas dende o cabo de Vela ao de Maracapana, xunto co dereito de introducir 4.000 escravos negros nas Antillas. Organizou unha expedición dirixida polo seu irmán Ambrosius Ehinger (1500?-1533), que recibiu o nomeamento de capitán xeneral e gobernador vitalicio de Nova Andalucía. Realizou dúas expedicións polo interior de Venezuela e na rexión oriental de Colombia (1529-1533).