Eido

Eido

Publicación aparecida en Pontevedra en agosto de 1951 e coordinada por Ismael Sierra Franco. Subtitulouse “Divulgación agrícola de la Delegación de Pontevedra del Colegio Oficial de Peritos Agrícolas” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Paredes Valdés. Actuou como voceiro do colexio oficial para informar sobre diversas técnicas para a mellora da produción agrícola en Galicia. Á vez, serviu para intercambiar datos e informes entre especialistas do sector e promover o estudo da edafoloxía, a xenética e a bromatoloxía como ciencias aplicables á agricultura.