Eidos
Eidos
Publicación aparecida en Santiago de Compostela en marzo de 1976. Subtitulouse “Revista xoven para cantos degoran falar galego” e editábase no colexio de La Salle. Dirixírona Alfonso X. Mateo Paz e Xesús Pereiras López. Nela incluíronse pequenos informes sobre a difusión da lingua galega na Igrexa, a educación en Galicia e a cultura en xeral. Ademais, inseriu resumos biográficos de escritores e intelectuais galegos, poemas e refráns, e algúns textos literarios. Moitos dos textos e das composicións ían acompañados de debuxos de Castelao. Nunha segunda etapa, en abril de 1979, cambiou o seu nome polo de Eixido, aínda que no nº 10, editado en maio de 1980, volveu ao seu nome orixinal.