Eiján Lorenzo, Samuel

Eiján Lorenzo, Samuel

Escritor. Ordenouse sacerdote en 1899 e desempeñou cargos destacados dentro da orde franciscana. Ás veces empregou o pseudónimo Fraysel e colaborou na prensa da época; dirixiu El Eco Franciscano e participou na redacción da revista Catecismo de San Martín. Cultivou os temas históricos e palestinianos cun fin didáctico, e como historiador centrouse basicamente na súa comarca natal e na historia dos franciscanos. Da súa produción cómpre salientar, Mágoas. Poesías gallegas (1902), Vida popular de San Antonio de Padua (1903), Narraciones y leyendas de Oriente (1906), España en Tierra Santa: páginas de la vida franciscana en Oriente (Siglo XVII). Apuntes históricos (1910), Cuadros de mi tierra. Recuerdos, impresiones, versos (1913), D’a-y-alma: Versos gallegos (1915), Rumores del Avia: versos ribereños (1916), Con flores a María. Diálogos de mayo, en versos, para niñas (1918), Froliñas de San Francisco. Romanceiro Seráfico-Galicián (1926), De la voz a la pluma. Discursos, sermones conferencias (1928), Franciscanismo en Galicia. Estudio histórico seguido del drama compostelano “La primera piedra” (1930), La estudantina de Gomariz. Recuerdos de adolescencia (1933-1935), Florecillas de Tierra Santa. Ramillete de historietas cortas (1937) e El Cenáculo de Jerusalén: Primer santuario eucarístico en poder de los infieles (1941). Cabaleiro comendador da Orde de Isabel a Católica, foi membro da Real Academia Galega e do Instituto Histórico do Minho.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : San Clodio, Leiro

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela