Eindhoven

Eindhoven

Cidade da provincia do Brabante Setentrional, Países Baixos, situada á beira do canal Zuid Willemsvaart (199.877 h [1999]). Fundouse no 1232 pero tivo un escaso desenvolvemento ata a fundación da Philips Electrical Company (1891). No s XX experimentou unha rápida expansión polo crecemento desta multinacional, dedicada aos produtos electrónicos. Nos últimos dez anos produciuse un espectacular avance demográfico, debido á concentracción industrial que comprende os sectores téxtil, a construción mecánica, a metalurxia e, especialmente, o gran complexo da multinacional Philips.