Einstein, ecuación de
Einstein, ecuación de
[FÍS]
Ecuación fundamental que relaciona a masa m dun corpo coa enerxía E equivalente a esta masa. A relación é E=mc2, onde c é a velocidade da luz no baleiro. A masa m do corpo á velocidade v é m(v)=m0/Ö1-(v/c)2, onde m0 é a masa en repouso. A ecuación de Einstein establece a equivalencia entre masa e enerxía e converteuse nunha lei física universal que permite considerar a masa como unha nova forma de enerxía.