einsteinio
einsteinio
(
s
m
[QUÍM]
Elemento químico artificial radioactivo transuránido da familia dos actínidos, de número atómico 99 e masa atómica do isótopo menos inestable 252. Foi descuberto por G.T. Seaborg e os seus colaboradores nos residuos da primeira explosión dun artefacto termonuclear. O núclido identificado, o 254, proviña do uranio da bomba sometido a unha forte irradiación de neutróns. O núclido 253 emprégase para sintetizar os núclidos 256 e 255 do mendelevio.