Einthoven, Willem
Einthoven, Willem
Fisiólogo e médico neerlandés. Estudiou medicina na Universidade de Utrech, onde acadou o grao de doutor en 1885, e foi profesor de fisioloxía na Universidade de Leiden, na que ocupou a cátedra da mesma especialidade. Investigou os fenómenos eléctricos que presenta o corazón. En 1903 deseñou e construíu un instrumento que permitiu rexistrar, por primeira vez, electrocardiogramas con precisión e claridade. En 1924 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polos estudios realizados sobre as propiedades eléctricas do corazón, a través do electrocardiograma que el mesmo construíu.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Samarang, Xava -
Deceso
Lugar : Leiden