Eirín Fariña, José

Eirín Fariña, José

Pintor. Desenvolveu a súa actividade artística en Marín. Autodidacta, cultivou a paisaxe, xeralmente ao óleo, e o bodegón. Nas súas mariñas e paisaxes dominan os grises e azuis degradados. As súas primeiras obras caracterizáronse polo debuxo académico, que posteriormente deixou paso á abstracción con manchas que compoñen campos de cor que sintetizan a natureza que desexa plasmar. Mostrou a súa obra por primeira vez nunha exposición colectiva en Pontevedra (1966), e con posterioridade realizou exposición individuais, entre outras cidades, en Pontevedra, Santiago de Compostela e Ourense, e participou noutras colectivas, como na Bienal de Arte de Pontevedra (1972), na mostra Joven Pintura Gallega na televisión uruguaia, na Segunda Trienal Nacional de Pintura de Santiago de Compostela e na Euroamericana Galleries de Barcelona.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barro