Eiros García, Josefina
Pintora. Coñecida como Fina Eiros, formouse na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Lugo e na Escola Superior de Disseny i Art Eina da Universitat Autónoma de Barcelona (1989-1997). Ampliou a súa formación coas bolsas da Fundación Unión Fenosa (1996 e 1998) e coa do Oxford Centre for Galician Studies (1994-1995). A súa obra evolucionou dende os modelos figurativos ata unha pintura paisaxística e experimental que a levou a unha abstracción formal e un colorido desbordante. Da súa produción destacan as series Terra Incógnita e Antártica. Participou, entre outras mostras colectivas, na Semana Blava. Eina (1993 e 1994), no XIII Certame de Pintura Concello de Cambre (1996), no IV Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (1998), na II Convocatoria de Pintura da Fundación Nelson Zumel (1998), no Certame de Pintura Galería Burela (1998-2000) e no X Concurso de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos, 2000). Realizou exposicións individuais na Coruña, Meira, Lugo, Santiago de Compostela e Oxford.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Meira