eiruga
(< lat erūca)
-
s
f
[ZOOL]
Insecto holometábolo -como os dípteros, os coleópteros e especialmente os lepidópteros- que se presenta na fase larvaria. Caracterízanse polo corpo alongado, mol e pouco quitinizado, patas proporcionalmente curtas e, as máis das veces, pseudópodos no abdome. As crías adoitan vivir en ambientes moi diferentes aos que ocupan unha vez acadada a fase adulta, logo da metamorfose, circunstancia que fai diminuír a competencia intraespecífica. Popularmente, distínguense pola natureza do seu alimento ou por algún proveito que obteña o home deles, como por exemplo a seda do lepidóptero Bombyx mori.
-
s
f
[TRANSP]
-
Cinta metálica articulada que forma parte do sistema de tracción de diversos vehículos pesados, como tanques, tractores, escavadoras e outros, e que se emprega aproveitando a súa grande adherencia ao chan.
-
ehículo dotado con este sistema de tracción.
-