Eivissa e Formentera
Eivissa e Formentera
Unidade administrativa das Illes Balears que comprende as illas de Eivissa, Formentera e toda unha serie de illotes circundantes. Desde 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía das Illes Balears, gozan dunha organización administrativa propia, representada polo Consell Insular de Eivissa e Formentera, integrado por trece deputados (doce elixidos por Eivissa e un por Formentera), que ao mesmo tempo forman parte do parlamento autonómico.