Eixo

Eixo

Publicación de carácter sindical aparecida en xuño de 1974. Actuou como voceira do Sindicato Obreiro Galego (SOG). Incluíu información sobre a organización sindical, os convenios colectivos, a emigración, o paro, e a crise empresarial e do capitalismo. No seu nº 9 anunciábase como voceira da Intersindical Nacional Galega (ING). No nº16, editado en xuño de 1988, comezou unha segunda época na que actuou como voceira da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), cunha tiraxe de 10.000 exemplares. Coordinouna nesta andaina Salustiano Guerra García. Durou polo menos ata marzo de 1994 (nº42).