eka-
eka-
pref
[QUÍM]
Forma prefixada que empregou Mendelejev para denominar os elementos dos que se presupuña a existencia, aínda que non foran descubertos ata o momento, co fin de completar os lugares baleiros da táboa periódica. Deste xeito, o ekaboro pasou a chamarse escandio cando foi descuberto, e o ekasilicio, xermanio.