Ekatonve

Ekatonve

Publicación de tendencia anarquista aparecida na Coruña en decembro de 1991. A maior parte dos seus contidos están dedicados a grupos musicais galegos que se identifican con esa tendencia político-social. Incluíu tamén artigos sobre ecoloxismo e insubmisión, críticas ás leis e cómics.