El Paso

El Paso

Cidade do estado de Texas, EE UU, na marxe esquerda do río Bravo (615.032 h [1998]). É un importante centro de transporte aéreo, terrestre e ferroviario. Tamén é o principal núcleo industrial e comercial dunha rexión mineira e agrícola, na que se cultivan algodón e produtos de horta. Na industria predominan o refinado de petróleo, o equipamento electrónico, os materiais de construción e os plásticos. O seu crecemento demográfico débese á súa situación nunha ruta transcontinental e ao turismo (recibe máis dun millón de visitantes ao ano, atraídos polo seu clima temperado e seco).