Elba

Elba

Río de Europa Central. Nace nos montes Krknŏse, vertente meridional dos Sudety, na República Checa (Bohemia Oriental). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que drena Bohemia. Poucos quilómetros despois de recibir o Vltava, penetra en Saxonia (Alemaña), onde pasa pola cidade de Dresden. Continúa polo land de Saxonia-Anhalt, pasa por Dessau e chega a Magdeburgo, onde vira cara ao N. Ao achegarse á fronteira de Mecklemburgo-Pomerania, volve á dirección NO, que mantén ata a súa desembocadura no Mar do Norte pola badía de Helgoländer, augas abaixo de Hamburgo. Percorre un curso de 1.165 km e drena unha conca de 144.000 km2. O seu réxime é nivo-pluvial, e o caudal moi regular. Conecta cunha gran rede de canais, da que os máis importantes son o Elba-Havel, o Elba-Lübeck e o Norte-Sur.