Elblag

Elblag

Cidade de Polonia, ao N do golfo de Danzing, na marxe dereita do río Elblag (129.053 h [estim 1998]). É un importante núcleo comercial e industrial (maquinaria, téxtil e siderurxia). Durante a Segunda Guerra Mundial perdeu o 75% da súa poboación. Xurdiu como unha colonia de mercadores que recibiron a autonomía de Federico II (1246). No s XV recibiu amparo polaco como unha das repúblicas da Liga Hanseática. Pertenceu a Prusia (1772) e trala Segunda Guerra Mundial foi ocupada polos soviéticos (1945), pero tralos acordos de Potsdam volveu a Polonia.